Presentación-concerto de 'Estamos no verán!!!' en Betanzos

Categoría: Nova

O músico Xoán Curiel presentará a novela-disco da súa autoría e Charo Pita, na librería Biblos ás 20 h. cun pequeno concerto cheo de música e historias e co espírito de facer participar ao público e mergullar aos rapaces e rapazas nun soño de verán…
Nesta novela-disco cóntasenos a historia duns amigos que queren ter un grupo de música. Sobre este argumento gravita o eixe de Estamos no verán!!! a novela-CD que editamos na Editorial Galaxia. Xoán Curiel, coa banda Son+d2 e Charo Pita cargan co peso musical e literario dun proxecto que conta coas ilustracións de Iván R. Estilos como o funk, o rock ou a bossa nova atópanse nun álbum que busca o seu público en ouvintes de entre oito e doce anos e que saiu á venda a un prezo de 20 euros.

Comparte nas túas redes sociais ou por email