Volve a cociña de LarpeirosBenigno CamposESGOTADO Con 30 segredos do cociñeiro Así titula Paula Cermeño a entrevista que introduce o terceiro libro de Benigno Campos: Volve a cociña de Larpeiros, a nova entrega dos máis popular e seguido dos cociñeiros galegos, responsable dun éxito editorial sen precedentes no mercado editorial galego. Volve a cociña de Larpeiros con máis de 120 novas receitas, receitas da cociña tradicional de Galicia, receitas das nosas nais e avoas. Pratos que, como di Benigno Campos, tamén serven para moito máis que comer, pois son unha “oportunidade de falar, de encontrarse”. Con este terceiro libro, as lectoras e lectores de bo padal poderían, sumando as receitas dos dous libros anteriores (A cociña de Larpeiros e Novas receitas da cociña de Larpeiros), dispor de pratos para todos os días do ano sen ter en ningún momento unha sensación de rutina. A amplísima variedade de produtos e xeitos de preparalos completan un extraordinario catálogo gastronómico. Na cociña, a suma de ingredientes non dá sempre o mesmo resultado. Algo misterioso ocorre nas cazolas para que o mesmo prato non saiba igual aínda que dúas persoas dean os mesmos pasos na súa preparación. Ese misterio é a “man” de cada cociñeira e de cada cociñeiro. E nesta nova entrega o autor revélanos 30 segredos da súa “man” para que os seus seguidores poidan achegarse ao saboroso resultado que logra Benigno Campos coas súas preparacións. Eses pequenos, mais imprescindibles consellos que dan o punto final a Os larpeiros están en boa hora! |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasÉxito rotundo de Benigno Campos na presentación do novo libro2012-12-18 09:20:13 'Larpeirizando' o país.2012-12-18 09:20:13 Benigno Campos en Ferrol e A Coruña2012-12-18 09:19:08 Conversa entre Larpeiros en Moaña2012-12-18 09:19:08 O novo libro de Benigno Campos chega aos 10.000 exemplares2012-12-18 09:22:42 Cociña en directo de Benigno Campos na Coruña2012-12-20 09:04:51 Máis edicións para máis Larpeiros2013-04-19 10:49:16 BENIGNO CAMPOS E MERCHI RODAL: DOUS LARPEIROS QUE ESCOLLEN OS SEUS MENÚS PARA FIN DE ANO2014-01-02 08:50:42
Obras do autor en catálogoActividades relacionadasBenigno Campos en Ferrol2012-10-24 18:30:00 Charla entre Larpeiros na Coruña2012-10-25 19:30:00 Charla entre Larpeiros en Pontevedra2012-12-12 19:30:00 Charla entre Larpeiros en Ourense2012-11-07 19:30:00 Charla entre Larpeiros en Allariz2012-11-10 19:30:00 Volve a cociña de Larpeiros2012-10-18 20:00:00 Sinatura de Benigno Campos en Lugo2012-11-15 18:00:00 Sinatura de Benigno Campos en Compostela2012-11-17 10:30:00 Conversa entre Larpeiros en Moaña2012-10-31 21:00:00 Cociña en directo de Benigno Campos en Vigo2012-12-03 19:00:00 Cociña en directo de Benigno Campos en Santiago2012-12-13 19:00:00 Cociña en directo de Benigno Campos na Coruña2012-12-20 19:00:00 Sinatura de Benigno Campos en Vigo2012-12-21 18:00:00 CULTURGAL 20122012-12-01 10:00:00
Novidades
| |||||||
|