Tradución María Alonso Seisdedos
A acomodada Irene Wagner, a anciá Mrs. C. e unha anónima descoñecida son as mulleres que protagonizan estas tres breves obras mestras de Stefan Zweig, Medo, Vinte e catro horas na vida dunha muller e Carta dunha descoñecida. Tres retratos femininos, dos seus desexos, fracasos, pensamentos e medos, obra dun narrador extraordinario e elegante capaz de afondar dun xeito maxistral na psicoloxía das súas protagonistas. Mulleres dun tempo onde os prexuízos sociais e morais condicionaban a súa liberdade e independencia.

(Viena, 1881 – Petrópolis, Brasil, 1942) é un dos autores máis lidos da primeira metade do século XX e testemuña fundamental para comprender a Europa de Entreguerras. Foi novelista, ensaísta e biógrafo dunha prosa elegante e delicada. O final da súa vida estivo marcado de xeito tráxico polo exilio errante que iniciou coa súa muller Lotte en 1936 fuxindo da barbarie nazi.