Estás aquí:

Código: 18881

A forza escura

21,20  IVE INCLUIDO

Tradución de Antón Vialle e María Alonso Seisdedos

Arredor de 1900, o neerlandés Otto van Oudijck desempeña o cargo de gobernador da provincia de Labuwangi, unha vila costeira ficticia próxima a Surabaia, na illa de Xava.
Con esta obra Louis Couperus exerceu unha crítica ben temperá, penetrante e explícita, do colonialismo, dos europeos “que se instalan nunha terra que lles é hostil”. Para o autor, que toma partido pola resistencia dunha poboación nativa en aparencia submisa -a “forza escura” ou guna-guna, en xavanés, a maxia que “roe como un veleno e unha inimizade o corpo, a alma e a vida”-, Indonesia é “unha colonia xigantesca mais exhausta, dirixida desde os Países Baixos sempre cunha única idea en mente: a obtención de beneficios”, análise que desempeñou un papel crucial na toma de conciencia acerca dos desmandos do pasado colonial.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 256
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 22/04/2024
Dimensións 150 x 220 mm.
Colección: Literaria Universal
Nº na colección: 2
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-209-0
Observacións:

AUTORES/AS

Couperus, Louis
Louis Couperus

(A Haia, 1863 – De Steeg, 1923). Poeta, novelista e xornalista, é un dos grandes autores das letras neerlandesas. Adscrito ao naturalismo, nas súas obras xunta a recreación de grandes acontecementos históricos coas introspeccións dos seus personaxes. 

Couperus medrou nas Indias Orientais Neerlandesas, onde o seu avó era gobernador xeral da colonia, escenario que recreou en moitos dos seus libros.  

Coa súa primeira obra narrativa, Eline Vere (1889), publicada por entregas nun xornal, acadou o éxito literario no seu país, á que seguiron ducias de novelas e libros de relatos de toda caste. 

Dandi, un chisco extravagante e viaxeiro impenitente, nunca tivo domicilio fixo, vivindo no sur de Europa de vila en vila carrexando os baúis da súa biblioteca. 

Moitas das súas obras foron adaptadas ao cine, televisión e teatro con grande éxito.

As súas obras

A forza escura
9788411762090
21.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria Universal

A abadía de Northanger
9788411763264
21.05€ CON IVE
A forza escura
9788411762090
21.20€ CON IVE
Cranford
Cranford
20.50€ CON IVE
Doutor Zhivago
9788411761857
34.90€ CON IVE
Indiana
9788411764179
24.00€ CON IVE
Menos que humano
Menos que humano
16.00€ CON IVE
Tres mulleres. Medo. Vinte e catro horas na vida dunha muller. Carta dunha descoñecida.
Tres mulleres
15.15€ CON IVE