Reserva especial

Xosé Manuel G. Trigo

Un libro de relatos que é unha iniciación no amor e na amizade realizada da man de experiencias relacionadas co viño, cos bares de sempre e coa vida a carón das viñas.

Sentimentos e humor punteados de ironía nun libro de ficción que vai á procura dos sabores e recendos que acaban por constituír os praceres da existencia. Desde as primeiras chiscadelas do amor e o asombro ante a beleza, ata a camaradería espontánea nada a carón da barra dun bar, nestes relatos Xosé Manuel G. Trigo recrea vivencias enfiadas arredor da cultura do viño. Poderíase dicir que este é un libro sobre o amor, pero tamén un libro sobre a amizade. Reserva especial é un convite para gozar dos momentos memorables, aqueles que fican agachados nalgures para, de súpeto, xurdir asociados a un olor, un sabor, unha canción ou unha paisaxe. Constitúen a esencia dese auténtico triángulo sentimental —viño, amizade, amor— que subministra as necesarias reservas para lle facer fronte ao paso do tempo. Os relatos de Trigo acaban por debuxar o percorrido sentimental dun personaxe, o narrador, que nos envolve nuha prosa chea de matices, da que xorden experiencias asociadas á lembranza de diferentes tipos de viño e de historias relacionados co seu cultivo ou cos lugares onde se conserva e se gorenta. Dun a outro relato, vaise trazando o retrato dun tempo e dunha xeografía que o lector ou lectora ha acabar por facer seus. É a consecuencia da arte literaria, que o autor sabe dosificar en gulapos saborosos ao longo de toda esta Reserva especial da que, a partir de agora, tamén imos ser catadores privilexiados.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 176
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm
  • Data Publicación : 2004-10-10
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-708-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Trigo, Xosé Manuel G.
Nado en Meira (Moaña, 1948) é profesor e colaborador en diversas publicacións periódicas coma Guía dos Libros Novos, Revista Galega do Ensino e Grial. Como autor de ficción publicou no ano 1988 o libro Extintos básicos (1988).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR