Remuíño de sombras

Xosé Neira Vilas

Presenta a imaxe colectiva da comunidade galega de Buenos Aires.

Novela que reconstrúe unha xeira histórica da diáspora dos galegos.

Despois da historia dun home na emigración que é Camiño bretemoso, Neira Vilas ofrécenos a novela da emigración no seu conxunto, “composta cunha técnica de parqué”, en palabras de Basilio Losada. Vidas cuns camiños que se encerellan, lembranzas comúns, xenreiras, incomprensións, anhelos —o de volver ou o de non volver—, homes apodrecidos na riqueza ou temperados na adversidade, todo un mundo sinfonicamente reflectido, amorfo, sen heroes cumpridos e escintilantes, coa grisalla morna dos días en sucesión abafante, co seu triunfo insuficiente, ou co fracaso esmagador.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 126
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 02/11/2021
  • Colección : Biblioteca Neira Vilas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-752-8
  • Edición : 2
  • Nº na colección : 11
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

A herdadeCésar Souto Vilanova
EternityXosé Monteagudo
Pazo de invernoAlberto Lema

Neira Vilas, Xosé
Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega.

Ao longo da súa vida Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010. En 2014, recibiu, na modalidade de Letras, o Premio da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia e en 2015, a Medalla de Ouro de Galicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR