Reencontro é a historia da amizade entre dous mozos de dezaseis anos separados pola barbarie nazi. Hans é fillo dun médico xudeu e Konradin é un aristócrata descendente dunha das familias máis antigas de Alemaña. As súas afinidades e o seu xeito de ver as cousas convérteos en amigos íntimos, pero cando Hitler chega ao poder, Konradin entra nas filas nazis e Hans ten que marchar de Alemaña. Publicada en 1971, a novela traduciuse rapidamente e converteuse nun éxito mundial. Na base deste recoñecemento están a súa fondura, a súa emotiva sinxeleza e a súa capacidade evocativa, calidades que fan dela unha pequena obra mestra e un referente da literatura crítica co holocausto nazi.

Fred Uhlman (Stuttgart, 1901-Londres, 1985) viviu a súa nenez e mocidade entre es paisaxes da Selva Negra e o lago Constanza, nunha Alemaña que pasou da experiencia democrática da República de Weimar a contemplar o ascenso imparable de Hitler e o nazismo. Xudeu e avogado comprometido co socialismo, Ulhman tivo que enfrontar a partir de 1933 un exilio que o levou a Francia, España e finalmente, Londres, onde se dedicou intensamente á pintura e ós seus escritos autobiográficos.