
Alexandre García-Caballero (Vigo 1972) é especialista en psiquiatría e doutor en medicina. Autor de numerosos artigos sobre avaliación cognitiva, obtivo o Premio Cabaleiro-Goás do Colexio de Médicos de Ourense.
En 2007 publicou, xunto a Ramón Area Carracedo o ensaio Psicopatoloxía do retorno (Galaxia) Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2006).

Ramón Area Carracedo (Ourense, 1969) é psiquiatra e autor, entre outros títulos, de Sobre las alucinaciones (2004) e O saber bolístico: homenaxe ó profesor Rof Carballo (2005).
En 2007 publicou, xunto a Alexandre García-Caballero o ensaio Psicopatoloxía do retorno (Galaxia) Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2006).