Prohibido casar, papá!Fina CasalderreyIncluído na lista White Ravens 1998 Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que asiste ao romance entre o seu pai e unha muller pola que ela non sente simpatía ningunha. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que recibe dos seus familiares e tamén de Berta, a odiada moza do seu pai. A partir deste esquema argumental, Fina Casalderrey escribe unha novela de elaborada técnica e de vontade realista que se introduce sen complexos nin visións falseadas no axitado mundo interior dunha adolescente dos nosos días. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasEz ezkondu, aita!2010-01-11 10:03:03 Lecturas para a volta ás aulas2012-11-05 15:03:59 Cuarta edición para PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!2016-01-15 12:59:08
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||||
|