Escoller onde buscar

Estás aquí:

Código: 1923

Positively. Un encontro casual

12,75  IVE INCLUIDO
Un paseo insólito pola duplicidade do individuo, un xogo no que os territorios do real e do imaxinario son equivalentes.
Esta é a primeira obra do autor, que fai penetrar ao lector nun universo no que realidade e ficción se mesturan. Coma caixas chinesas, a narración vaise abrindo a novas realidade conforme o libro avanza. As reviravoltas desta historia impredecible lévannos polos vieiros do amor. O protagonista, Fran, busca a Laura nun movemento que vai do mundo da ficción á vida, para volver despois á literatura como única realidade na que o desexo e a imaxinación teñen posibilidades de triunfar. Unha canción de Bob Dylan serve de colofón e leitmotiv a este orixinal experimento narrativo que confirma un novo autor, cun mundo de seu e un xeito distinto de contar historias.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 140
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/11/2003
Dimensións 122 x 220 mm.
Colección: Illa Nova
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-583-4
Observacións:

AUTORES/AS

Santoro de Membiela , Jaime

Naceu en Vigo en 1968. Estudou Filosofía e Filoloxía Alemana entre Madrid e Santiago de Compostela e actualmente vive en Ribadeo. Ata o de agora era autor de dous relatos breves, "A poesía e o caldo de verzas" e "A convicción", cos que obtivo o premio II Certame Muralla de Crescónio e mailo accésit no Premio Ourense de contos para a Mocidade, respectivamente. Positively, un encontro casual (2004) é o seu primeiro libro de narrativa, aínda que sobre todo é coñecido polo seu labor de tradutor do alemán para o galego dasElexías de Duino e das Cartas a un poeta novo, de Rainer María Rilke. Tamén puxo en galego os Himnos á noite do poeta romántico Novalis.

As súas obras

Positively. Un encontro casual
positively
12.75€ CON IVE

COLECCIÓN

Illa Nova

A vida fóra
vida
12.75€ CON IVE
Accidental
acidental
12.50€ CON IVE
Alusión
alusion
19.95€ CON IVE
Cartas marcadas
carta
19.95€ CON IVE
Constelación de Ío
constelacion io
12.00€ CON IVE
Días do final
dias
11.40€ CON IVE
Fragmentos de Ulises. 1926
Fragmentos ulises
12.75€ CON IVE
Oitocentos
oitocent
12.75€ CON IVE