Estás aquí:

Código: 1922

Fragmentos de Ulises. 1926

13,20  IVE INCLUIDO
A publicación por primeira vez en formato libro dos anacos da novela de Joyce que viran á luz na revista Nós na tradución de Otero Pedrayo.
Con este libro recupérase un texto emblemático para as letras galegas. Vai acompañado dun estudo introdutorio da profesora Kery Ann McKevitt. Nel claréxanse definitivamente as fontes empregadas e as circunstancias nas que Otero Pedrayo realizou unha tradución que encarna a vocación de modernidade e animou o espírito dunha época, polo que merece a atención das novas xeracións. Publicada en 1926, esta tradución de fragmentos do Ulises non só foi a primeira que se realizou a calquera das linguas peninsulares, senón que representa a vontade de toda unha xeración literaria galega por vencellarse ao movemento anovador que naquelas datas se estaba a desenvolver na literatura do resto de Europa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 92
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/11/2003
Dimensións 123 x 220 mm.
Colección: Illa Nova
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-646-6
Observacións:

AUTORES/AS

Joyce, James
Joyce

Nado en Dublín no ano 1882 e finado en Zurich en 1941.

Foi un escritor famoso sobre todo por investigar no uso de novas linguaxes narrativas e pola exploración de novos métodos literarios nas súas obras de ficción.

As súas obras

Ulises
9788491517962
39.95€ CON IVE
Otero Pedrayo, Ramón
Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.

As súas obras

Entre a vendima e a castañeira
9788491514824
17.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Illa Nova

A vida fóra
vida
13.20€ CON IVE
Accidental
acidental
13.30€ CON IVE
Alusión
alusion
19.95€ CON IVE
Cartas marcadas
carta
20.70€ CON IVE
Constelación de Ío
constelacion io
12.90€ CON IVE
Días do final
dias
11.80€ CON IVE
Fragmentos de Ulises. 1926
Fragmentos ulises
13.20€ CON IVE
Oitocentos
oitocent
13.30€ CON IVE