Estás aquí:

Código: 1933

Alusión

19,95  IVE INCLUIDO
Este libro escolma unha sexta parte das anotacións do blog Lándoas, que o escritor e crítico literario Arturo Casas mantivo activo durante o curso 2008-2009 con amplo recoñecemento lector entre os internautas
O seu propósito declarado foi contribuír a instaurar unha crítica da destrución política a través da análise dos discursos hexemónicos e das camuflaxes do poder, con atención particular ao acontecido en Galicia.

Os textos incluídos no blog e agora publicados neste libro abranguen tamén campos como o social e o cultural a través dunha dinámica pluralidade de rexistros, entre os cales o humorístico, o autoficcional e o satírico non foron os menos desenvolvidos. Durante os meses que permaneceu activo Lándoas, o blog alcanzou algo máis que unha moderada notoriedade, ás veces con varios centos de visitas diarias. Tivo ademais algunha influencia no debate público, como podería demostrar o contexo con algúns columnistas e artigos de opinión.

As lándoas son as marxes que marcan os límites dunha leira. A palabra designa por tanto o perímetro inculto, o que non se ara. Outra acepción é a de fenda no tronco de sobreiras, castiñeiros... Parábolas, pois, e crónica nas marxes de texto, nas lándoas dos discursos públicos. O escrito nas 355 anotacións redactadas no blog, sen contar agora os comentarios empatados, acomodouse pois en 'Alusión' a cinco epígrafes ordenados internamente con criterio cronolóxico inverso ao propio do blog: "O mundo da vida", "Estética e dinámica", "Historias" (ou a historia elevada á pluralidade), "Homo ludens" e "Sistémica mente".

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 160
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 17/06/2011
Dimensións 120 x 220 mm. mm.
Colección: Illa Nova
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-376-2
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Casas, Arturo
arturo

Arturo Casas (A Coruña, 1958) é profesor titular de Teoría da Literatura na Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina varios grupos de análise semiótica e cultural.

Publicou como autor ou editor case unha vintena de volumes centrados nas áreas da súa especialidade, entre as cales destacan a literatura galega anterior á Guerra Civil, o exilio republicano, o pensamento estético moderno e posmoderno, a poesía contemporánea e a metodoloxía da historia literaria. Tamén ten publicado poesía, ensaio e tradución.

As súas obras

Alusión
alusion
19.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Illa Nova

A vida fóra
vida
13.20€ CON IVE
Accidental
acidental
13.30€ CON IVE
Alusión
alusion
19.95€ CON IVE
Cartas marcadas
carta
20.70€ CON IVE
Constelación de Ío
constelacion io
12.90€ CON IVE
Días do final
dias
11.80€ CON IVE
Fragmentos de Ulises. 1926
Fragmentos ulises
13.20€ CON IVE
Oitocentos
oitocent
13.30€ CON IVE