Estás aquí:

Código: 1926

Constelación de Ío

13,70  IVE INCLUIDO
Constelación de Ío quere ser unha porta de entrada ao mundo do pensamento fantástico dos rapaces, unha aventura que introduce os lectores nun xogo de preguntas dun neno que descobre o mundo e se sorprende por vez primeira ante el.
Un libro que é coma un brinco, literatura coa que nos interrogar e pensar.
Na fronteira entre xéneros, sitúase esta primeira achega narrativa de Xosé M. Eyré, na que o autor explora as reaccións dun neno ante a realidade do mundo, unha viaxe entre imaxinación e razón, entre creación e pensamento. Un libro inclasificable porque non encaixa en ningún molde preestablecido, nin deixa acougar o lector. Literatura para gozar e coa que preguntarse, para intervir no texto e manterse activo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 148
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 19/09/2005
Dimensións 12 x 21 cm. mm.
Colección: Illa Nova
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-825-5
Observacións:

AUTORES/AS

Eyré, Xosé M.
Xosé M. Eyré

(As Lamelas, A Laxe, Chantada, 1960). Lector incansable desde a nenez en Lugo, comezou a escribir crítica literaria en 1988 en A Nosa Terra, labor que continuou noutros medios. Hoxe, no blog Ferradura en Tránsito II, escribe crítica de libros galegos e tamén da lusofonía. Catedrático de Lingua e Literatura no Ensino Medio, en 1996 organiza e participa no libro de homenaxe a Avelino Gómez Ledo que publicou a Deputación de Lugo. En 1997 ven a luz dúas antoloxías da narrativa actual publicadas por A Nosa Terra e AN-PG, e en 2009 achegou os principios críticos da micronarratividade e escolmou os mellores minicontos internacionais e galegos, en Nin che conto. No eido da ficción, en 2005, apareceu en Editorial Galaxia Constelación de Ío. Descoñécese o motivo polo que é tan pouco dado a publicar.

As súas obras

Constelación de Ío
constelacion io
13.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Illa Nova

A vida fóra
vida
13.55€ CON IVE
Accidental
acidental
13.70€ CON IVE
Alusión
alusion
19.95€ CON IVE
Cartas marcadas
carta
20.70€ CON IVE
Constelación de Ío
constelacion io
13.70€ CON IVE
Días do final
dias
12.10€ CON IVE
Fragmentos de Ulises. 1926
Fragmentos ulises
13.55€ CON IVE
Oitocentos
oitocent
13.70€ CON IVE