Santoro de Membiela, Jaime

Santoro de Membiela, Jaime

Naceu en Vigo en 1968. Estudou Filosofía e Filoloxía Alemana entre Madrid e Santiago de Compostela e actualmente vive en Ribadeo. Ata o de agora era autor de dous relatos breves, “A poesía e o caldo de verzas” e “A convicción”, cos que obtivo o premio II Certame Muralla de Crescónio e mailo accésit no Premio Ourense de contos para a Mocidade, respectivamente. Positively, un encontro casual (2004) é o seu primeiro libro de narrativa, aínda que sobre todo é coñecido polo seu labor de tradutor do alemán para o galego dasElexías de Duino e das Cartas a un poeta novo, de Rainer María Rilke. Tamén puxo en galego os Himnos á noite do poeta romántico Novalis.

As súas obras

Positively. Un encontro casual
positively
13.40€ CON IVE