Por que fracasou a reforma do estatuto?Xoaquín Fernández LeiceagaE outros textos sobre autogoberno e financiamento autonómico. Un libro do deputado e profesor de Económicas Xoaquín Fernández Leiceaga que ten intención de ser, en primeiro lugar, unha crónica do interregno progresista nun longo ciclo de dominio conservador en Galicia. Interregno caracterizado pola colaboración entre as grandes forzas políticas progresistas (PSdeG-PSOE e BNG), que efectúan un esforzo, insuficiente pero real, de aproximación de posicións para facer posible un goberno. Un compromiso semellante ao que noutros territorios permitiu as profundas reformas de diversos estatutos de autonomía así como a formulación dun novo modelo de financiamento autonómico. A crónica formúlase desde unha perspectiva precisa: a da reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia e o seu fracaso; e desde unha posición: a defensa do autogoberno de Galicia. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|