Fernández Leiceaga, Xoaquín

Xoaquin-Leiceaga
Fernández Leiceaga, Xoaquín

Xoaquín Fernández Leiceaga (Noia, 1961), profesor titular de Economía Aplicada desde 1992, foi director do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (1998-1999: 2014-2016) e vicerreitor de Asuntos Económicos da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994). Como representante político, foi tenente de alcalde de Facenda (1999-2007) en Santiago de Compostela, deputado do Parlamento de Galicia (2005-2012), voceiro de Economía do Grupo Parlamentario Socialista (2005-2009) e voceiro do Grupo Parlamentario Socialista (2009-2011; 2016-2019). Candidato á Presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE (2016), é senador en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicou, entre outros libros, Economía política do monte galego (1990), Capital estranxeiro e industrialización en Galicia (1993), El impacto de las multinacionales sobre las economías de acogida (1998) e, nesta mesma editorial. ¿Por que fracasou a reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia? e outros ensaios (2010); en colaboración con outros autores, Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), Estrutura económica de Galicia (2000), Avellentamento demográfico e consecuencias socioeconómicas (2000), Os montes veciñais en man común (2006) e Galicia, ¿un pobo con futuro? (2014). Tamén e autor da novela Agosto de memoria e morte (2015).

As súas obras

Por que fracasou a reforma do estatuto?
Por que fracasou a reforma do estatuto?
23.75€ CON IVE
O país do porvir
9788491514589
14.80€ CON IVE
Baixo as alas de abril
9788491517177
23.95€ CON IVE