Estás aquí:

Código: 2040

Poesía inglesa e francesa vertida ao galego

20,45 € IVE INCLUIDO
Un fito na historia da tradución no noso país.
Publicada por primeira vez en Bos Aires no ano 1949, esta escolma de poesía inglesa e francesa vertida ao galego por Plácido Castro, Lois Tobío e Florencio Delgado Gurriarán é hoxe un fito na historia da tradución do noso país. A obra dalgúns dos poetas senlleiros da literatura universal, coma Rimbaud, Baudelaire, Mallarmé, Yeats, Shelley ou Keats, publícase neste volume a carón da doutros non menos coñecidos coma Cocteau, Valéry ou Thomas Hardy. A corrente vizosa da poesía, do romantismo ao século XIX, dende os poemas de inspiración popular aos temas clásicos, da presenza do mar á lírica pastoral, é posta en galego de por tres mestres de tradutores.
Sabedoría literaria e paixón pola lingua.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 252
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 22/02/2005
Dimensións 14 x 21 cm. mm.
Colección: Clásicos Universais
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-783-8
Observacións:

AUTORES/AS

Castro, Plácido
placido castro

Pola orixe familiar, a súa inmensa cultura e peculiar formación humana, Plácido Ramón Castro del Río, cosmopolita militante, é, sen dúbida, unha figura senlleira do mundo galeguista.

Bo e xeneroso, o seu maior patrimonio foi sempre esa sensibilidade e sinxeleza extraordinarias. Humilde e desinteresado, gozaba cos seus libros e as literaturas preferidas. Unha enorme curiosidade empurrouno sempre a adentrarse polos máis vastos campos da cultura ata o punto de desenvolverse polifacéticamente en dominios aparentemente tan diversos como a música, a astronomía ou a pintura. Escasamente coñecido, gozou sempre de grande audiencia e respecto no seu medio.

As súas obras

Poesía inglesa e francesa vertida ao galego
poesia inglesa francesa
20.45€ CON IVE
Tobío, Lois
Tobío

Lois Tobío Fernández naceu en 1906 en Viveiro (Lugo). Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e no ano 1923 figurou entre os fundadores do Seminario de Estudos Galegos. Faleceu en Madrid no ano 2003.

As súas obras

Poesía inglesa e francesa vertida ao galego
poesia inglesa francesa
20.45€ CON IVE

COLECCIÓN

Clásicos Universais

Antoloxía do Doce Estilo Novo
9788482887562
24.90€ CON IVE
As flores do mal
flores
26.40€ CON IVE
As mágoas do mozo Werther
magoas
18.10€ CON IVE
As ondas
as ondas
20.45€ CON IVE
Contos completos I
contos
24.55€ CON IVE
Contos completos II
contos2
24.55€ CON IVE
Contos completos III
contos
24.55€ CON IVE
Crime e castigo
crime e castigo
27.25€ CON IVE