Castro, Plácido

placido castro
Castro, Plácido

Pola orixe familiar, a súa inmensa cultura e peculiar formación humana, Plácido Ramón Castro del Río, cosmopolita militante, é, sen dúbida, unha figura senlleira do mundo galeguista.

Bo e xeneroso, o seu maior patrimonio foi sempre esa sensibilidade e sinxeleza extraordinarias. Humilde e desinteresado, gozaba cos seus libros e as literaturas preferidas. Unha enorme curiosidade empurrouno sempre a adentrarse polos máis vastos campos da cultura ata o punto de desenvolverse polifacéticamente en dominios aparentemente tan diversos como a música, a astronomía ou a pintura. Escasamente coñecido, gozou sempre de grande audiencia e respecto no seu medio.

As súas obras

Poesía inglesa e francesa vertida ao galego
poesia inglesa francesa
19.40€ CON IVE