Estás aquí:

Código: 18997

Pirotecnia

16,10  IVE INCLUIDO

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2024

Cando a Pirotecnia QuiGarSA estoura, parte da súa cuberta aterra a case dous quilómetros de distancia e a onda expansiva absorbe o aire que a rodeaba.

E o aire é o que lles falta aos homes e mulleres protagonistas desta novela coral, onde asistimos aos efectos que tan tráxico suceso causa na familia propietaria da pirotecnia, nos veciños da vila, na opinión pública e na clase política. 

Narrada co pulso da mellor novela negra e da crónica xornalística, Alberto Ramos constrúe unha arañeira de mentiras, enganos e traizóns onde o lector quedará atrapado ata o remate, mentres tenta recompoñer, entre o cheiro acre da pólvora e da morte, o verdadeiro crebacabezas do que aconteceu.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas:
Deseño:
Data Publicación:
Dimensións mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 512
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-348-6
Observacións:

AUTORES/AS

Ramos, Alberto
Alberto Ramos

(Santiago de Compostela, 1986). Licenciado en xornalismo pola Universidade de Santiago, traballou na sección de cultura de Xornal de Galicia e actualmente faino na Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

No ámbito literario recibiu premios como o Biblos Pazos de Galicia pola novela Dor pantasma (2006), o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia (2009) por Con acuse de recibo e, en 2012, o Premio Vicente Risco de Creación Literaria pola novela Todos os días, que acadou de novo en 2018 con A simetría das bestas

Coa novela Máscaras rotas para Sebastian Nell acadou o Premio García Barros en 2014, e, en 2022, levou o Premio de Narrativa Breve Repsol por Os corpos dos Romanov, ambas as dúas obras publicadas en Editorial Galaxia. Tamén gañou o Premio Rafael Dieste de textos teatrais con Conxo non restraint (2023) e o Premio Abrente de textos teatrais 2024 da MIT de Ribadavia coa peza Os servizos prestados.

As súas obras

Pirotecnia
9788411763486
16.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.15€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
25.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
20.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.50€ CON IVE