ALBERTO RAMOS (Santiago, 1986) licenciouse en xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela. Dende o ano 2009 traballou na sección de cultura de Xornal de Galicia ata o peche da cabeceira. Dende aquela traballa de freelance para medios de comunicación coma Luzes, Praza pública ou Sermos Galiza. Combina o traballo de xornalista coa súa faceta literaria. No ano 2006, gañou o Premio Biblos Pazos de Galicia coa novela Dor pantasma. Tres anos despois, obtivo o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia coa obra Con acuse de recibo e, en 2012, acadou o Premio Vicente Risco de Creación Literaria coa novela Todos os días.