Velaquí o pensamento destilado dun dos escritores con maior proxección na sociedade galega. Reivindicación paixonal da intelixencia e da emoción, correntes contrapostas que esgazan o individuo contemporáneo. Con imaxinación. Con lucides. A chave para ler a obra de Tic-tac, segundo as súas propias palabras.
Este libro amosa a fractura interior de quen abala entre o retiro melancólico, o lugar onde se escribe, e a pretensión de cambiar a realidade. Trata tamén de racionalizar as ideas sobre a literatura, a cultura e a civilización que ten interiorizados a tradición cultural galega tal como chegou a nós. O pensamento lúcido e sen pexas de Suso de Toro conxura nestas páxinas a tensión da imaxinación creadora coa fondura da relexión e o rigor intelectual
Suso de Toro é un dos escritores galegos contemporáneos que desperta maior admiración entre o público e a crítica, e non só en Galicia. Autor de novelas, relatos, obras de teatro, ensaios e artigos xornalísticos, moitos dos seus libros foron traducidos a outras linguas, como castelán, catalán, francés, italiano, portugués e holandés. Entre as súas obras máis salientables figuran Polaroid, Land Rover, Tic-tac, Calzados Lola, Non volvas e os ensaios de Parado na tormenta.