O autor aborda nesta obra os efectos da crise desatada pola pandemia de coronavirus,
tanto nas mentes como no sistema socioeconómico, e reflexiona sobre a necesidade de repensar a sociedade contemporánea desafiando as verdades asumidas ata agora, que a epidemia derrubou en favor dunha plena solidariedade e unha resposta coordinada a nivel global, onde a saída da crise pasa por algunha forma do que, noutrora, se chamou comunismo.
(Liubliana, 1949) é filósofo, sociólogo, psicanalista, teórico cultural, activista político e director do Instituto Birkbeck de Humanidades da Universidade de Londres. Escribiu máis de corenta libros de filosofía, cine, psicanálise e crítica de ideoloxía, entre outras disciplinas, que o converten nun dos ensaístas máis prestixiosos do momento.