Oito días sen Eva Cortés

Sara Vila Alonso

Premio de Narrativa Illa Nova 2021

A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha información morbosa, aínda que Antía Ubeira non estudase xornalismo para facer dun suceso tan tráxico unha noticia sensacionalista. O seu xefe só pensa en vender xornais, mentres ela se enfronta cada día aos seus principios. O diario de Eva Cortes, as novas do suceso no xornal e a visión de Antía son as tres voces que narran esta novela trepidante.

Oito días sen Eva Cortes atrápanos dende o primeiro capítulo e mantén un pulso coa actualidade no tratamento de moitos temas candentes. Con gran solvencia narrativa transitamos pola vida de dúas mulleres que teñen moito en común, especialmente nos seus desexos e medos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 196
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 15/11/2021
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-765-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 439
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

A herdadeCésar Souto Vilanova
EternityXosé Monteagudo
Pazo de invernoAlberto Lema

Autor/a

Vila Alonso, Sara
(As Neves, 1989) é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Como autora acadou en 2016 o primeiro premio no Certame Literario Viadutos de Redondela polo relato “Adeus, María”. Traballa como xornalista en Pontevedra dende 2012. Neste eido foi recoñecida co segundo premio Comunicar en Igualdade 2019 polo artigo “O noso toque de queda”. Oito días sen Eva Cortes é a súa primeira incursión na novela, coa que gañou o Premio Illa Nova de Narrativa 2021.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR