Vila Alonso, Sara

Sara Vila Alonso
Vila Alonso, Sara

(As Neves, 1989) é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Como autora acadou en 2016 o primeiro premio no Certame Literario Viadutos de Redondela polo relato “Adeus, María”.

Traballa como xornalista en Pontevedra dende 2012. Neste eido foi recoñecida co segundo premio Comunicar en Igualdade 2019 polo artigo “O noso toque de queda”.

Oito días sen Eva Cortes é a súa primeira incursión na novela, coa que gañou o Premio Illa Nova de Narrativa 2021.

As súas obras

Oito días sen Eva Cortés
9788491517658
17.00€ CON IVE