16,70€

mercar

O lugar onde vou

Vicente Araguas

Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable.

Desta maneira, fala de medo, e de bares onde, ao non pasar nada, pasa de todo, de casas grandes que ven, sen poder facer nada, como as mulleres se descolgan dos cadros, de parellas dispares en idade que falan de raíñas consumidoras compulsivas de arroz con leite.

Araguas bota a andar unha pluma que ten cousas de corazón tan desbocado como o dos cómplices dunha editora “indie” desbordados pola chea de libros de poemas que reciben, ou da estatua inca que vinga o seu posuidor dos arrebatos celosos da súa amada; hai gatos que falan e cans que bolen na neve e mancos que escriben con idéntica pericia á do Caldeireiro, urbanista anglófilo na Nebia de 1866.

Un festival de maneiras de querer, de ir mirando como a vida acontece, de realismos extracorpóreos e de corpos que liscan alén da realidade, o deste libro de relatos, que fai debutar o autor en Editorial Galaxia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 168
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 11/07/2022
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-909-6
  • Edición :
  • Nº na colección : 547
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Amiga lúa, amigo marClaudia Castro
O cabaliño de buxoXosé Neira Vilas

Autor/a

Araguas, Vicente
(Xuvia-Neda, 1950) é doutor en Filoloxía Inglesa, con tese sobre Bob Dylan e o seu mundo poético, o que dalgunha maneira nos leva aos seus antecedentes como cantautor que se remontan a Voces Ceibes, na Compostela de 1968, do que partiu o libro Voces Ceibes (1991), un volume que se pode ler en clave de ensaio mais tamén de narrativa autoficcional. Poeta, narrador, ensaísta e crítico literario, publicou en galego as novelas Agora xa foi (2000) A canción do verán (2002) e Través do trebón (2020), e o libro de relatos, Xuvia-Neda (2010). Logo dun longo percorrido como ensinante, encetado en Escocia, onde escribira o seu primeiro libro de poemas Paisaxe de Glasgow (1978). Entre os seus premios destacan o Reimóndez Portela de xornalismo e o Patrimonio musical de Galicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR