(Xuvia-Neda, 1950) é doutor en Filoloxía Inglesa, con tese sobre Bob Dylan e o seu mundo poético, o que dalgunha maneira nos leva aos seus antecedentes como cantautor que se remontan a Voces Ceibes, na Compostela de 1968, do que partiu o libro Voces Ceibes (1991), un volume que se pode ler en clave de ensaio mais tamén de narrativa autoficcional. Poeta, narrador, ensaísta e crítico literario, publicou en galego as novelas Agora xa foi (2000), A canción do verán (2002) e Través do trebón (2020), e o libro de relatos, Xuvia-Neda (2010). Logo dun longo percorrido como ensinante, encetado en Escocia, onde escribira o seu primeiro libro de poemas Paisaxe de Glasgow (1978). Entre os seus premios destacan o Reimóndez Portela de xornalismo e o Patrimonio musical de Galicia.