Estás aquí:

Código: 18791

O libro secreto da filosofía

15,50  IVE INCLUIDO

Atréveste a pensar?  Queres morrer de risa dando unha volta pola antiga Atenas con Sócrates, o home máis feo, sabio e bondadoso da Grecia Clásica? Tes valor para correr aventuras, pasar medo e namorarte  no santuario dos animais salvaxes con Alexandre Magno e Aristóteles?  Deixas que Simone de  Beauvoir che explique por que “inventou” o feminismo…?

Se contestas que si, abre O libro secreto da Filosofía   e comeza a ler. Viaxa con Eila e Breixo, os dous rapaces protagonistas, a través do tempo e doutras dimensións e vive aventuras onde coñecerás os filósofos e filósofas máis importantes da historia e poderás achegarte á orixe do coñecemento. 

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 148
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 18/10/2023
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Libros singuilares e fóra de colección
Nº na colección: 174
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-154-3
Observacións: Ilustracións de Sara Valcárcel

AUTORES/AS

Carou, José
JOSÉ CAROU

(Rianxo, 1969) é profesor de Filosofía no IES Espiñeira de Boiro. Publicou as novelas Desvelando a Ademar Escambia (Premio Antón Avilés de Taramancos, 2019) e O Bebedizo de Lúa (premiada no Lueiro Rey, 1997). Tamén é autor do poemario Hemisferio auga (2021) e do inclasificable Relatos da incorrección (2021).

Escribiu crítica de cine para Sermos Galiza, Diario de Arousa e Cinemadicción, ademais de colaboracións ocasionais para o suplemento cultural Barbantia (La Voz de Galicia).

Recibiu, entre outros galardóns, o Francisco Fernández del Riego (1996), o Faustino Rey Romero (1999), o Viadutos (2000) e o Premio de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo por Afán e infortunio dos días estragados (2018).

As súas obras

Diorama
9788491519218
16.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Libros singuilares e fóra de colección

A revolución vertical
a-revolucion-vertical
16.35€ CON IVE
Antes molabamos máis
9788411760560
29.95€ CON IVE
cando non sei volver
9788411761512
17.00€ CON IVE
Compostela, póla Florida
9788491519973
20.90€ CON IVE
O libro secreto da filosofía
9788411761543
15.50€ CON IVE
O tempo dos lagartos
9788411760553
16€ CON IVE
Síbaris
9788411761390
15.95€ CON IVE