(Rianxo, 1969) é profesor de Filosofía no IES Espiñeira de Boiro. Publicou as novelas Desvelando a Ademar Escambia (Premio Antón Avilés de Taramancos, 2019) e O Bebedizo de Lúa (premiada no Lueiro Rey, 1997). Tamén é autor do poemario Hemisferio auga (2021) e do inclasificable Relatos da incorrección (2021).
Escribiu crítica de cine para Sermos Galiza, Diario de Arousa e Cinemadicción, ademais de colaboracións ocasionais para o suplemento cultural Barbantia (La Voz de Galicia).
Recibiu, entre outros galardóns, o Francisco Fernández del Riego (1996), o Faustino Rey Romero (1999), o Viadutos (2000) e o Premio de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo por Afán e infortunio dos días estragados (2018).