Luís Alonso Álvarez é catedrático de Historia Económica na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, onde tamén coordina o Grupo de Estudos de Historia da Empresa. Codirector da revista Illes i Imperis (Universidade Pompeu Fabra de Barcelona), entre as súas publicacións máis recentes salienta As tecedeiras do fume. Historia da Fábrica de Tabacos da Coruña (1998).
Elvira Lindoso Tato é profesora da área de Historia e Institucións Económicas no Departamento de Economía Aplicada I da Universidade da Coruña. Autora de Los pioneros gallegos. Bases del desarrollo empresarial 1820-1913 e Construyendo empresas. La trayectoria de los emprendedores coruñeses en perspectiva histórica, 1717-2006 (2008), en colaboración con L. Alonso e M. Vilar.