Estás aquí:

Código: 2879

O cemiterio de barcos

17,90  IVE INCLUIDO

O cemiterio de barcos é unha historia luminosa de amor e amizade contra a violencia en todas as súas expresións.

Unha novela de iniciación, aventuras e misterio que atrapará a lectores de todas as idades.

David lembra moi ben canto gozaba das vacacións de verán na vila natal do seu pai, cando era neno. Agora ten dezaseis anos e todo é distinto: foi un curso difícil no instituto e nada lle apetece menos que volver á vila de sempre para aburrirse unha vez máis, por moito que o seu pai insista en animalo.

Pero así como chega coñecerá a Lucía, unha rapaza que vén de saír dunha relación tóxica e violenta, e xorde entre eles unha complicidade case instantánea. Xuntos descubrirán un segredo soterrado na vila dende hai décadas para así desvelar unha rede corrupta que ameaza con estragar os recursos e o equilibrio da vila e os seus habitantes.

O cemiterio de barcos é unha novela sobre a dignidade e fronte a calquera clase de abuso, e unha alegación en contra da violencia machista.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 292
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección: 126
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-716-0
Observacións: 4ª impresión de xaneiro de 2024

AUTORES/AS

Castro, Francisco
Francisco Castro

naceu no barrio de Teis, en Vigo, en 1966. Dirixiu Editorial Galaxia durante sete anos. Analista político na prensa galega e na CRTVG, leva publicados vinte e tres libros, algúns traducidos a linguas como o castelán, éuscaro, catalán, inglés, serbio, italiano e portugués do Brasil.

Dentro da súa produción literaria podemos destacar, entre outros Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), a novela histórica Memorial do infortunio (2003), Xeración perdida (2004, premio Cartafol de Vieiros ao mellor libro do ano) e os libros para mozos Un bosque cheo de faias (2004) e O ceo dos afogados (2007), distinguidos ambos os dous co premio Frei Martín Sarmiento que conceden escolares de toda Galicia. No ano 1999 foi Premio de Xornalismo “Manuel Reimóndez Portela”, no 2002 obtivo “O Facho” de poesía pola obra Matar a Walt Whitman moitas veces e en 2005 o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá, polo relato Venres Desesperado (look casual friday) e o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo traballo Ningún fascista morreu inxustamente. Premio Blanco Amor de Novela (2005) pola novela Spam, coordenador dos Diálogos Literarios de Mariñán no 2006 e Premio de Novela Manuel García Barros 2007 pola novela As palabras da néboa. Abriu en Internet un dos primeiros blogs de autor dedicados ao debate literario e a información cultural (www.franciscocastro.gal). Ten publicados 21 libros entre os que destacan a novela para pequechos Chamádeme Simbad (2009) que entrou na Lista de Honra do IBBY 2012 e recibiu o premio como Mellor Libro Infantil na web Fervenzas Literarias outorgado polos lectores e lectoras, así como o Frei Martín Sarmiento de 2011, e, para un público máis xuvenil, O segredo de Marco Polo (2010). Foi Presidente de Gálix entre 2010 e 2014. No ano 2011 publica unha nova novela para adultos titulada In Vino Veritas, e en 2012, asina, con Fina Casalderrey, o libro de relatos O neno can (seleccionado na Lista do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais de Oslo, premio Frei Martín Sarmiento 2014), e tamén Premio Frei Martín Sarmiento e incluido na Lista de Honra CLIJ 2014En 2013, a súa novela O corazón da Branca de Neve gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Publicou, en 2014, a novela xuvenil Tes ata as 10 (publicada por Suma de Letras en setembro de 2015 e que en 2016 recibiu o Frei Martín Sarmiento) e na colección de adultos Amor é unha palabra coma outra calquera en 2016. No mesmo ano, Barricadas de Sal e en 2018, Iridium (publciado en todas as linguas do estado), incluído na Lista de Honra OEPLI 2020 e na Lista Internacional IBBY de Oslo 2020 como un dos mellores libros do mundo sobre o tema da discapacidadeEn 2020 publicou a novela (ao tempo en galego, castelán, catalán e éuscaro), Tantos anos de silencio e en 2021, tamén en todas as linguas oficiais do estado español, a novela O cemiterio de barcos. Este libro entrou no catálogo da OEPLI como un dos mellores libros de toda España do ano 2021.

Desde o ano 2003 imparte Obradoiros Literarios para todos os chanzos de idade.

En 2018 entrou a formar parte do Consello da Cultura Galega na sección de Pensamento e foi Director da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra. Ese mesmo ano recibe o Premio de Periodismo Enrique Guerrero Serrano, convocado pola Asociación Cultural Espazo Aberto do Val Miñor.

En 2020 entrou a formar parte da directiva da Asociación Galega de Editoras.

En 2021 foi recoñecido como Vigués Distinguido polo Concello de Vigo.

No ano 2022 publicou o seu primeiro ensaio titulado Isto SI é un home, e o libro Eso no estaba en  mi libro de los Beatles e gañou o premio Pura e Dora Vázquez de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra Xoán, Xoana.

Como músico, publicou recentemente o seu primeiro disco, Agora é o tempo. Experto nos Beatles, podes seguilo en Facebook, Instagram (@franciscocastroveloso) e X (@chamademesimbad).

 

 

As súas obras

Chamádeme Simbad
9788491515937
14.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
17.20€ CON IVE
A besta moura
besta
12.90€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
14.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.20€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.60€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
14.00€ CON IVE
A dona de Auria
9788411760140
15.50€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
11.50€ CON IVE