Preto de facer corenta e cinco anos, o autogoberno de Galicia xa non pode explicarse de xeito estático, coma se fose unha realidade illada.
A nosa Comunidade Autónoma forma parte dun complexo sistema de gobernanza multinivel que vai desde as entidades locais ata a UE, pasando polo Estado. O fundamento democrático dese modelo fai que a cidadanía teña que xestionar distintas identidades (a galega, a española, a europea) e que os seus dereitos e as relacións cos poderes públicos varíen en función do eido institucional en que desenvolven as súas actividades. Este é o enfoque deste libro, dirixido a un público amplo, onde se contrastan as semellanzas e as grandes diferenzas que existen entre o federalismo e o autonomismo, como estratexias descentralizadoras do poder político.
(Guitiriz, 1989) é doutor en Dereito, con premio extraordinario, pola Universidade da Coruña (2022), onde impartiu, durante varios anos, docencia, entre outras, na materia de Dereito Público Autonómico. Na actualidade, e despois de pasar pola Universidad Carlos III de Madrid, é profesor de Dereito Constitucional na Universidad de Oviedo. Jove é autor dunha monografía e de numerosos traballos académicos sobre temas da súa especialidade, sinaladamente en materia de protección de datos e dereitos dixitais, e tamén sobre cuestións territoriais.
(Cee, 1963) é catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña. Doutor en Dereito pola USC, foi letrado do Tribunal Constitucional, director da Fundación Democracia e Goberno Local, deputado no Congreso (vicepresidente da Comisión Constitucional) e no Parlamento de Galicia, secretario de Estado de Relacións coas Cortes, ministro de Xustiza e presidente da Comisión de Xustiza e Interior da UE. É autor de varias monografías e numerosos traballos académicos sobre temas da súa especialidade, primordialmente en materia de Dereito parlamentario, federalismo e xustiza constitucional.