Escoller onde buscar

Estás aquí:

Código: 18551

Non deixarei de buscarte. A historia de Quin

11,00  IVE INCLUIDO
Moitas persoas pensan que os malos tratos animais é un problema menor. .Unha preocupación frívola do mundo occidental desenvolvido. Unha causa pequena superada en importancia por outras —terribles, indubidablemente—, que teñen como protagonista desgraciado ao propio ser humano. Sabemos que todas son importantes e requiren do esforzo e o compromiso de todos para combatelas. Para as autoras deste libro, a frivolidade e o cinismo residen nas persoas indiferentes a esta e a todas as grandes causas. Este é un conto para nenos e para nenas que talvez non comprendan as palabras desta re?exión. Mais confían en que os verdadeiros receptores a quen as dirixen poidan traducilas en valores exemplares para os seus fillos e fillas. Un libro solidario.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Paxinas: 62
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 15/12/2022
Dimensións 135 x210 mm.
Colección: Varios
Nº na Colección: 166
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-959-1
Observacións:

AUTORES/AS

Tojeiro Ríos, Alicia
Alicia-Tojeiro

(Vigo, 1978). Estudou Maxisterio na Universidade da Coruña e desde o ano 2000 é mestra especialista en Educación Infantil e Primaria.Máster en en Atención Temperá e en actividades relacionadas co ámbito do traballo por proxectos, a intelixencia emocional, a filosofía para nenos e nenas, a aprendizaxe construtivista, a neurociencia e o alumnado altamente capacitado. En 2020 recibiu o premio ao Mellor Profesor de España na categoría de Primaria nos Premios Educa ABanca. Outros galardóns foron os Premios Cogave e Cooperativismo na Escola. En 2019 Unha historia de Quin foi recoñecida como unha das trinta mellores experiencias educativas polos premios Aprendizaxe-Servizo a nivel nacional. Ademáis é autora e coautora de libros como 50 casos de éxito docenteNon deixarei de buscarteOrtografía con rima IO primeiro que ten que ir contento á escola é o profesor e Só ti podes cambiar o mundo.

As súas obras

Non deixarei de buscarte. A historia de Quin
9788491519591
11.00€ CON IVE
Rey Oliveira, Esther
Esther-Rey

(A Coruña, 1970) e estudou Relacions Laborais na Universidade da Coruña, aínda que dende 1996 traballa para a industria farmacéutica en diferentes labores. E co autora de Non deixarei de buscarte e de Só ti podes cambiar o mundo, dous libros solidarios, cuxos beneficios se destinan a loitar contra o maltrato animal e a axudar a refuxios e asociacions que coidan animais abandoados e que non reciben ningún tipo de subvención.

As súas obras

Non deixarei de buscarte. A historia de Quin
9788491519591
11.00€ CON IVE
Fernández Amil, Antonio
Antonio-Fernandez-Amil

Naceu en Vigo en 1968, cidade onde desenvolve a súa actividade profesional no sector asegurador como axente, que compaxinaba con estudos universitarios de ciencias empresariais e, posteriormente, como xefe comercial ata 1998, que pasa ao sector farmacéutico ata a actualidade, como delegado especialista no area de sistema nervioso central. É máster en Relacións Institucionais e acceso ao mercado no sector farmacéutico. Afeccionado á literatura, conta con varios traballos inéditos, e é coautor de A historia de Quin: non deixarei de buscarte”, e traalla na súa novela Viva Santa Eulalia.

As súas obras

Non deixarei de buscarte. A historia de Quin
9788491519591
11.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Varios

ALBA DE GLORIA
alba-de-gloria
11.55€ CON IVE
Algúns contos completos
9788491516514
21.15€ CON IVE
Arrieiros somos
9788491519485
19.00€ CON IVE
Bambi. Unha vida na fraga
9788491518266
25.45€ CON IVE
Cando choraron as cíes
9788491519430-1
20.75€ CON IVE
Cantigas de Santa María
9788491516415
14.85€ CON IVE
Cen sementes que voaron
cen-sementes-que-voaron
15.90€ CON IVE
Chora, corazón, pero endexamais raches
9788491517306
15.90€ CON IVE