18,75€

mercar

Mito e realidade da terra nai

Xoán Rof Carballo

O amplo saber humanista de Rof Carballo penetra lucidamente nestas páxinas en aspectos fundamentais das culturas galega e europea.

Este libro contén cinco ensaios, dos cales dous están directamente relacionados coa cultura galega, como son o que dá título ao volume e o dedicado á Santa Compaña. A aparición de Mito e realidade da Terra Nai en 1957 supuxo un auténtico acontecemento cultural, tanto pola personalidade do autor como pola temática tratada. Rof Carballo, unha figura eminente da medicina, ben coñecido nos ambientes intelectuais españois e europeos, incorporábase así ao brillante grupo de ensaístas que en Galicia acometía daquela a tarefa de prestixiar a lingua do país.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 204
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 197
  • Data Publicación : 1989-10-01
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-679-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Xácome o fatalistaDenis Diderot
O can e o gatoManuel Pombo Arias
DemeraraWagner G. Barreira

Rof Carballo, Xoán
Médico, naceu en Lugo en Lugo en 1905 e morreu en Madrid en 1994. Foi membro de numerosas academias e sociedades científicas e publicou máis de trescentos traballos médicos, entre os que figuran La medicina natural (1952) e Biología y psicoanálisis (1972). É autor ademais dun ensaio moi relevante en lingua galega, Mito e realidade da terra nai, aparecido en 1957. Ademais publicou numerosos artigos na revista Grial.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR