Non dispoñible

Non dispoñible

Milagres e mendigas polo camiño de Santiago

Luís M. Calvo Salgado

Milagres e mendigas polo Camiño de Santiago é unha investigación sobre as ideas relixiosas e a vida cotiá de xentes que vivían preto do Camiño de Santiago, entre Santo Domingo de la Calzada e Burgos, no século XVI, nun momento de crise da peregrinación a Compostela.

Baseándose en documentos inéditos e adoptando os métodos dos estudos microhistóricos, Calvo Salgado presenta unha análise detallada do acontecido a varias mulleres que dicían ter sido curadas milagrosamente de graves doenzas. Este traballo fornécenos dun material de enorme interese para unha mellor comprensión da evolución da relixiosidade popular, da literatura de milagres e da propia historia das mulleres.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 392
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 136 x 206
  • Data Publicación : 1999-09-01
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-289-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

A herdadeCésar Souto Vilanova
EternityXosé Monteagudo
Pazo de invernoAlberto Lema

Calvo Salgado, Luís M.
Naceu na Coruña en 1965. Estudou historia e literatura popular europea nas universidades de Santiago de Compostela e Zúrich. Nesta última institución, despois de escribir a súa tese de doutoramento, impartiu cursos sobre a relixiosidade popular e sobre as peregrinacións na Europa da Idade Moderna. En 1989 percorreu o Camiño de Santiago en bicicleta, dende Suíza ata os Pirineos, e a pé dende alí ata Compostela.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR