Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza

María do Cebreiro Rábade Villar

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021

Na sociedade actual a maternidade concíbese como un extenso campo simbólico, a miúdo moi polarizado, que vén disparando un inxente corpus de produción verbal, que aquí denominamos “xiro discursivo da maternidade”. Esta mudanza non podería entenderse sen a perda da transmisión directa da experiencia de ser nai, acrecentada por dous feitos de alta incidencia en Galicia: o decrecemento progresivo da natalidade e o atraso da idade á que as mulleres teñen o seu primeiro fillo. Estes  factores contribúen a explicar a transferencia dunha serie de modelos extraídos do mundo do traballo no réxime neoliberal ás tarefas da crianza. Explorar os novos dispositivos parentais, e as súas implicacións colectivas, é o principal obxectivo deste ensaio, que entra en diálogo con clásicos da literatura feminista, ao tempo que tenta explorar os límites da dimensión confesional do xénero.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 164
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 15/09/2022
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-925-6
  • Edición :
  • Nº na colección : 115
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

Os inocentes10,75€

Actividades relacionadas


Novidades

Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros
Días de intemperieAntón Riveiro Coello
Cando choraron as cíesSanti Domínguez

Autor/a

Rábade Villar, María do Cebreiro
María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) é poeta e profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela. É autora de ensaios, antoloxías e de máis dunha ducia de poemarios entre os que destaca a triloxía composta por Os inocentes (2014), O deserto (2015, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia), e A lentitude (2017).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR