Lugrís Freire é o homenaxeado nas Letras galegas 2006. Editorial Galaxia edita unha biografía divulgativa na súa colección de Letras Galegas, escrita por Xabier Campos Villar.
Manuel Lugrís Freire (Sada 1863- A Coruña 1940) é autor dunha ampla obra que abrangue todos os xéneros: a poesía con títulos como Soeidades, Noitebras, Versos da loita, Ardencias e As mariñas de Sada e o teatro con pezas como A costureira da aldeia, A ponte, Minia, Mareiras, Esclavitú. En narrativa O penedo do crime e Contos de Asiedumedre.
Ademáis de fundador e Presidente da Real Academia Galega é iniciador da oratoria polítca en galego, foi autor da primeira gramática do idioma escrita en lingua galega.
Naceu en Ralo, Rois, en 1973. Estudou profesorado de EXB e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago, na que se graduou cunha Tese de Licenciatura sobre a narrativa de Lugrís Freire, traballo que serviu de base para a publicación de A obra narrativa de Manuel Lugrís Freire no ano 2000. Ademáis desta obra é autor de artigos sobre diversos aspectos da vida e da obra lugrisiana.
Viviu entre 1863 e 1940, setenta e sete anos dunha vida a cabalo, entre dous séculos fundamentais para a nosa historia e partircularmente para a nosa literatura.
Autor dunha ampla obra que abrangue todos os xéneros: a poesía con títulos como Soidades, Noitebras, Versos de loita e Ardencías; o teatro con pezas como A costureira d’aldea, Esclavitú, O pazo e Estadeliña; e a narrativa coa novela curta O penedo do crime e os seus Contos de Asiedumedre.
É o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2006.