Naceu en Ralo, Rois, en 1973. Estudou profesorado de EXB e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago, na que se graduou cunha Tese de Licenciatura sobre a narrativa de Lugrís Freire, traballo que serviu de base para a publicación de A obra narrativa de Manuel Lugrís Freire no ano 2000. Ademáis desta obra é autor de artigos sobre diversos aspectos da vida e da obra lugrisiana.