Pär Larson, nado en Suecia, vive en Italia desde 1981. É investigador no Instituto Opera del Vocabolario Italiano (OVI-CNR) de Florencia, cidade onde finalizou a súa formación universitaria baixo a dirección do grande historiador da lingua italiana Arrigo Castellani.
Lingüista, filólogo e lexicógrafo, Larson ocúpase principalmente de gramática histórica e de lírica románica medieval. É socio correspondente da Accademia della Crusca, coa que publicou en 1995 un Glossario diplomatico toscano, explorando os elementos pre-literarios italianos na documentación latina medieval.