FINALISTA PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS DE LITERATURA XUVENIL 2025
Irracionais é unha novela que convida á reflexión sobre o respecto á diversidade fronte á intransixencia de quen rexeita as distintas identidades.
A obsesión do neurólogo Vicente Barbosa polo número áureo, coa complicidade da publicista Alexia Velasco e do cirurxián plástico Bruno Rodas, lévaos a tramar un plan macabro cuxa cerna agroma da discriminación sexual e de xénero.
O slogan da páxina Web de Perfect Models: “A diversidade sexual non é ningunha barreira, senón unha ponte”, sérvelles de cebo para captar a mocidade vulnerable; a Nave será o espazo creado para a experimentación, e Andrea, Marcia, Maxi, Gladis e Iván, converteranse nas súas cobaias.
Mais, non estarán sós, pois os actos perversos dos tres instigadores sementarán sospeitas ao seu arredor. Conseguirán ser desenmascarados?

(Vigo, 1964). De cativa era tímida e illábase nun curruncho do patio da escola para escribir. De adolescente publicou o seu primeiro relato na revista do instituto, e logo, mentres estudaba Maxisterio, o conto “Os morcegos”, premiado nun concurso para a xuventude.
Publicou libros para todo tipo de lectorado, algúns deles premiados, como O maquinista Antón (teatro), A encontadora, A ánfora exipcia e O fío vermello (novelas para a infancia); A sombra descalza, Illa Soidade, A cea das enaguas e O grupo (novelas para a mocidade). En Editorial Galaxia deu ao prelo varios dos seus libros, entre eles: O baúl de Wensel, Os seres con raíces na cara, Vacas na cidade?, Soleando e O corazón das casas.
PREMIO LAXEIRO 2026