IRIDIUM

Francisco Castro

Incluída no Catálogo do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais de Oslo 2020

Iridium é unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades. Ou é unha historia sobre unha raíña do Instagram e un malote moi malo.

Esta novela conta a historia de Iris, unha rapaza que cursa primeiro de bacharelato e que, coma tantas e tantos do seu tempo, quere vivir a vida con intensidade. Pero Iris ten, ademais, unha discapacidade froito dun accidente de tráfico que lle deixa secuelas importantes. É unha raíña do Instagram, onde ten milleiros de seguidores en todo o mundo. Seareiros que ignoran o que lle pasa e que se o soubesen igual non a quererían tanto. É, pois, unha novela de denuncia da hipocrisía de moitos “normais” que desprezan a todas e a todos os que son diferentes.

Mais, sobre todo, Iridium conta unha historia de amor.

Porque todas e todos, independentemente do que nos suceda, sentimos igual.

E Iris sente, e goza, e chora, e ri, e sofre coma calquera.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 108
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 03/09/2018
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-193-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 104
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros
Días de intemperieAntón Riveiro Coello
Cando choraron as cíesSanti Domínguez

Autor/a

Castro, Francisco
Vigo (1966). Escritor e director xeral de Editorial Galaxia dende decembro de 2016. Dentro da súa produción literaria (traducida a linguas coma o castelán, catalán, italiano, portugués de Brasil...) podemos destacar, entre outros Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001) e a novela histórica Memorial do infortunio (2003), Xeración perdida (2004), premio “Cartafol de Vieiros ao mellor libro do ano” e os libros para mozos Un bosque cheo de faias (2004) e O ceo dos afogados (2007), distinguidos ambos os dous co premio Frei Martín Sarmiento que conceden escolares de toda Galicia. No ano 1999 foi Premio de Xornalismo "Manuel Reimóndez Portela", no 2002 obtivo "O Facho" de poesía pola obra Matar a Walt Whitman moitas veces e en 2005 o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá, polo relato "Venres Desesperado (look casual friday)" e o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo traballo "Ningún fascista morreu inxustamente". Premio Blanco Amor de Novela (2005) pola novela Spam, coordenador dos Diálogos Literarios de Mariñán no 2006 e Premio de Novela Manuel García Barros 2007 pola novela As palabras da néboa. Abriu en Internet un dos primeiros blogs de autor dedicados ao debate literario e a información cultural (http://franciscocastro.blogaliza.org). Ten publicados 21 libros entre os que destacan a novela para pequechos Chamádeme Simbad (2009) que entrou na Lista de Honra do IBBY 2012 e recibiu o premio como Mellor Libro Infantil na web ‘Fervenzas Literarias’ outorgado polos lectores/as así como o Frei Martín Sarmiento de 2011, e, para un público máis xuvenil, O segredo de Marco Polo (2010). Foi Presidente de Gálix entre 2010 e 2014. No ano 2011 publica unha nova novela para adultos titulada In Vino Veritas, e en 2012, asina, con Fina Casalderrey, o libro de relatos O neno can (seleccionado na Lista do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais de Oslo, premio Frei Martín Sarmiento 2014), e tamén Premio Frei Martín Sarmiento e incluido na Lista de Honra CLIJ 2014.En 2013, a súa novela O corazón da Branca de Neve gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Publicou, en 2014, a novela xuvenil Tes ata as 10 (publicada por Suma de Letras en setembro de 2015 e que en 2016 recibiu o Frei Martín Sarmiento) e na colección de adultos Amor é unha palabra coma outra calquera en 2016. No mesmo ano, Barricadas de Sal e en 2018, Iridium (publciado en todas as linguas do estado), incluído na Lista de Honra OEPLI 2020 e na Lista Internacional IBBY de Oslo 2020 como un dos mellores libros do mundo sobre o tema da discapacidade).En 2020 publicou a novela (ao tempo en galego, castelán, catalán e éuscaro), Tantos anos de silencio e en 2021, tamén en todas as linguas oficiais do estado español, a novela O cemiterio de barcos. Este libro entrou no catálogo da OEPLI como un dos mellores libros de toda España do ano 2021. Desde o ano 2003 imparte Obradoiros Literarios para todos os chanzos de idade. En 2018 entrou a formar parte do Consello da Cultura Galega na sección de Pensamento e dende 2020 é o Director da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra. Ese mesmo ano recibe o Premio de Periodismo Enrique Guerrero Serrano, convocado pola Asociación Cultural Espazo Aberto do Val Miñor. En 2020 entrou a formar parte da directiva da Asociación Galega de Editoras. En 2021 foi recoñecido como Vigués Distinguido polo Concello de Vigo. No ano 2022 publicou o seu primeiro ensaio titulado Isto SI é un home, e o libro Eso no estaba en  mi libro de los Beatles e gañou o premio Pura e Dora Vázquez de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra Xoán, Xoana. En 2022 recibiu o "Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego"    


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR