Estás aquí:

Código: 2730

Imperios e danzas: As Españas plurais do Franquismo

22,95  IVE INCLUIDO
PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2020
Houbo un rexionalismo franquista? Nos fascismos europeos tamén persistiron, con diversos graos de intensidade e diversas manifestacións, un discurso e unha praxe da pluralidade etnoterritorial, compatíbel cun valor supremo, a centralidade dunha nación. En España, o nacemento do fascismo estivo ligado a unha reacción contra dos nacionalismos subestatais e a un desexo de reestruturar a relación histórica entre Estado e nación, e por tanto a inserir novas compoñentes que reflectisen a súa variedade interna, aínda que non en clave política. Este ensaio analiza o papel e a posta en escena das identidades subestatais, tanto rexionais coma locais, por parte do réxime franquista. O historiador Xosé M. Núñez Seixas estuda a relación entre diversidade territorial e fascismo até a Guerra Civil, os debates sobre a estrutura do Estado durante o primeiro franquismo, o papel reservado aos idiomas diferentes do castelán, as narrativas históricas, xurídicas e os discursos sobre a paisaxe, a relevancia do folclore e dos Coros y Danzas e, finalmente, a evolución da cuestión rexional durante os últimos anos do réxime.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 288
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección: 109
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-631-6
Observacións: A edición desta obra contou co apoio da Consellería de cuiltra, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística

AUTORES/AS

Núñez Seixas, Xosé M.
Xosé-M.-Núñez-Seixas-420x220

(Ourense, 1966) estudou Historia nas Universidades de Compostela e Dijon, e doutorouse no Instituto Universitario Europeo de Florencia. Catedrático de Historia Contemporánea na USC, entre 2012 e 2017 foino tamén da Universidade Ludwig- Maximilian de Múnic, e profesor convidado no Colexio de Europa (Natolin) e nas universidades de Stanford, París VII e Turín, entre outras. As súas pescudas céntranse na historia comparada e transnacional dos nacionalismos e as identidades territoriais en Europa, os estudos migratorios, a historia sociocultural da guerra e a memoria das ditaduras. Entre as súas obras máis recentes, salientan O soño da Galiza ideal. Estudos sobre exiliados e emigrantes galegos (Galaxia, 2016), Camarada invierno. Experiencia y memoria de la División Azul (2016), Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018 (2018, Premio Nacional de Ensayo, 2019), Guaridas del lobo. Memorias de la Europa autoritaria (2021), Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo (Galaxia, 2021, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020) e Volver a Stalingrado. El frente del Este en la memoria europea (2022, Premio W. Benjamin de Ensaio 2021)

Foto autor ©Xoán A. Rey.

As súas obras

Imperios e danzas: As Españas plurais do Franquismo
9788491516316
22.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE