Estás aquí:

Código: 18868

A literatura galega contada aos escépticos

14,80  IVE INCLUIDO

Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta da competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar subalterno dos libros na nosa lingua.

Moitos lectores e lectoras son escépticos, ademais, porque ven o producido en Galicia como unha sorte de material de segunda clase. Confían máis na calidade da nosa gastronomía que na das nosas letras. Esquecen que ultimamente se conseguiron varios Premios Nacionais de Literatura.

Con todo, o propósito deste libro non é destacar o bo que hai publicado. Trátase, máis ben, dunha interpretación persoal da nosa literatura recente. Falamos dalgunhas das correntes principais e das súas limitacións, e analizamos o esforzo dalgúns autores e autoras por superar os límites convencionais.

A conclusión é que, a pesar da magreza de público, a literatura galega está viva. Pero, descubrir as súas claves e os seus eixes primordiais, non sempre é fácil.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 112
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 08/03/2024
Dimensións 150 x 230 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección: 125
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-200-7
Observacións:

AUTORES/AS

Veiga, Manuel
Manuel Veiga

(Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía. 

Exerceu o seu labor xornalístico, durante vinte e sete anos, no semanario A Nosa Terra, do que chegou a ser director. Como escritor, escribiu, entre outras, as novelas O exiliado e a primavera (Premio Xerais 2004) e Lois e Helena buscándose nun día de tormenta (Premio García Barros 2006), ademais de ensaios como Galicia contada aos non galeguistas (2020) e Que sabes da Guerra Civil e o franquismo? (2021).

As súas obras

Lois e Helena buscándose un día de tormenta
lois e helena
17.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE