(Ourense, 1966) estudou Historia nas universidades de Compostela e Dijon, e doutorouse no Instituto Universitario Europeo de Florencia. É catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, e entre 2012 e 2017 foino na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnich. Forma parte do consello asesor e de redacción de diversas revistas ibéricas e internacionais, e dende 2018 é vicepresidente do Consello da Cultura Galega. As súas pescudas céntranse na historia comparada e transnacional dos nacionalismos e as identidades territoriais en Europa, os estudos migratorios, a historia cultural da guerra e a memoria das ditaduras. Entre as súas obras máis recentes, cómpre salientar Camarada invierno. Experiencia y memoria de la División Azul (Barcelona 2016; ed. alemá Münster 2016); Suspiros de España. El nacionalismo español, 1808-2018 (Barcelona 2018, Premio Nacional de Ensaio 2019; ed. alemá, Hamburgo, 2019); con E. Storm (ed.), Regionalism and Modern Europe: Identity Construction and Movements from 1890 to the Present Day (Londres, 2019); Guaridas del lobo. Memorias de la Europa autoritaria, 1945-2020 (Barcelona 2021, ed. inglesa Londres 2021), e mais (ed.), The First World War and the Nationality Question in Europe (Leiden/Boston, 2020).
Foto autor ©Xoán A. Rey