Haberá primavera. Catorce poemas, catorce canciónsCésar MoránMúsica e literatura da man dun libro-disco acompañado da derradeira entrevista de Álvaro Cunqueiro Neste ano 2011, e coincidindo co centenario do nacemento do poeta Álvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia edita un libro de poemas do autor de Mondoñedo, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer. Estamos a falar dun libro-disco que ademais de conter unha excelente proposta musical, agasállanos cun documento histórico de primeira orde. César Morán rodeouse de músicos de primeiro nivel (entre os que destaca a voz de Uxía Senlle) para ofrecernos un excelente e elegante traballo que vai namorar aos seguidores de Cunqueiro pero tamén aos amantes da boa música que poderán comprobar como soa o de Mondoñedo agarimado pola guitarra, a frauta traveseira, o saxo alto, o contrabaixo e a percusión da banda de César Morán, quen presta a súa voz sintonizando á perfección coa lírica contida dos versos de Cunqueiro. Un proxecto innovador que nos presenta a Cunqueiro doutra maneira, unindo literatura, música e un documento sonoro de innegable valor histórico e literario, como é esa derradeira conversa co de Mondoñedo. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasNovidades con moita música2012-03-27 10:17:11 Concerto de presentación de HABERÁ PRIMAVERA en Vigo2012-03-27 10:17:59 Un agasallo para os sentidos2012-03-27 10:17:59 Concerto de HABERÁ PRIMAVERA na Coruña2012-08-07 12:42:49 Unha fin de semana con moita música2014-05-12 09:15:14
Obras do autor en catálogoActividades relacionadasConcerto-presentación do libro HABERÁ PRIMAVERA2011-12-20 20:00:00 Concerto de HABERÁ PRIMAVERA na Coruña2011-12-08 22:00:00 Concerto de HABERÁ PRIMAVERA en Mondoñedo2011-12-22 21:00:00 Concerto de HABERÁ PRIMAVERA na Coruña2012-06-16 21:00:00 César Morán en Allariz2012-11-24 20:30:00
Novidades
| |||||||||
|