Mañá sábado temos dúas ofertas musicais ben suxestivas relacionadas con libro-discos editados recentemente pola nosa editorial.
Así, a voz de César Morán musicará e cantará a Álvaro Cunqueiro, en Lugo, nun concerto baseado no seu libro-disco dedicado a Álvaro Cunqueiro, 'Haberá primavera': Será ás 17 horas e ofreceranos un recital poético dentro do ciclo "Maio de Lingua" que organiza a Deputación.
Dúas horas máis tarde, en Ribeira, o grupo Mamá Cabra desenvolverá toda a súa maxia musical no Auditorio Municipal cun concerto que, no básico, gravitará arredor dos temas presentes no seu libro-disco 'Bicos de música'.
Un serán de música. Un serán perfecto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR