Concerto de HABERÁ PRIMAVERA na Coruña

Categoría: Nova

César Morán presenta en directo o traballo musical Haberá primavera, editado por Galaxia, onde pon música aos poemas de Álvaro Cunqueiro. Estará acompañado por Alfonso Morán (contrabaixo) e Roberto Somoza (saxo, frauta traveseira e clarinete).

Trátase dun libro de poemas do autor de Mondoñedo, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Mo rán, días antes de morrer.

César Morán rodeouse de músicos de primeiro nivel (entre os que destaca a voz de Uxía Senlle) para ofrecernos un excelente e elegante traballo que vai namorar aos seguidores de Cunqueiro pero tamén aos amantes da boa música que poderán comprobar como soa o de Mondoñedo agarimado pola guitarra, a frauta traveseira, o saxo alto, o contrabaixo e a percusión da banda de César Morán, quen presta a súa voz sintonizando á perfección coa lírica contida dos versos de Cunqueiro.

Un proxecto innovador que nos presenta a Cunqueiro doutra maneira, unindo literatura, música e un documento sonoro de innegable valor histórico e literario, como é esa derradeira conversa co de Mondoñedo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email