Estás aquí:

Código: 2689

Globalización e imperialismo cultural

24,35  IVE INCLUIDO
Libro colectivo no que participan algúns dos ensaístas de maior prestixio internacional verbo do fenómeno da globalización, que foi compilado, prologado e traducido polo escritor e poeta Manuel Outeiriño.
Nun mundo no que os medios de comunicación e o trafego cultural más celérico facilitan a posibilidade dunha "cultura global", dunha cultura tecnificada, mercantil e homoxénea, e dunha "industria cultural global" que se podería concibir -tal como escribe Manuel Outeiriño no limiar- como unha "nova tradición" mercantilizada, a do "folclore do capitalismo", é fundamental levar a cabo unha reflexión crítica sobre este fenómeno. Neste volume realízase esa crítica, que é a crítica do tópico do que se difunde co nome de globalización cultural, nome baixo o que, realmente, o que se difunde e imita é a cultura mercantil corporativa estadounidense e a produción e xestión cultural ao xeito corporativo das multinacionais. Os autores MARTIN ALBROW é profesor visitante distinguido na London School of Economics, profesor emérito da University of Wales e autor de The Global Age (1996). ARJUN APPADURAI (Bombay, 1949) é profesor de Ciencias Sociais da New School de Nova York, da que é director dende o 2003, escribiu, entre outros, Modernity at large: cultural dimensions of globalization (2006). ALEXANDER CALLINICOS (Zimbabwe, 1950) é director do Centro de Estudos Europeos do King´s College de Londres e autor de Contra o Postmodernismo (Laiovento, 1994). FRED HALLIDAY (1946-2010) foi catedrático na London School of Economics e profesor no Instituto Barcelona de Estudos Internacionais e experto no mundo árabe e Oriente Medio. ULF HANNERZ é profesor de antropoloxía social na Universidade de Estocolmo e autor de Foreign News (2004). DAVID HELD (Inglaterra, 1951) é catedrático de Ciencias Políticas na London School of Economics, autor de Global Inequality: Patterns and Explanations (2007). PETER MARCUSE é profesor emérito de Planificación Urbana na Facultade de Arquitectura da Columbia University de Nova York e autor da recompilación Globalizing Cities: A New Spatial Order? (Oxford, Balckwell, 1999) e Of States and Cities: The Partitioning of Urban Space (Oxford, Oxford U. P., 2002), feitas en colaboración con Ronald van Kempen. Tamén foi un dos recompiladores do volume Searching for the Just City (Londres, Routledge, 2009). HERBERT IRVING SCHILLER (1919-2000), sociólogo, foi un dos principais críticos dos medios de comunicación estadounidenses. Doutorouse na Universidade de Nova York en 1960. Entre as súas moitas obras salientan Communication and Cultural Domination (1976) e Culture Inc.:The Corporate Takeover of Public Expression (1989). MANUEL OUTEIRIÑO é poeta, ensaísta e tradutor. Actualmente é profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 312
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 27/09/2011
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-251-2
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 193
193
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.20€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
20.65€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
22.95€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
29.60€ CON IVE
A lume manso. Estudios sobre historia social da alimentación
lume manso
20.00€ CON IVE