gargol

10,60€

mercar

Gárgola

Carlos Vila Sexto

Unha novela de terror na que o realismo da ambientación convive coa presenza do sobrenatural e o inexplicable.

Jeremy ten un mal soño que volve unha e outra vez, un horrible pesadelo que está a indicarlle algo. A súa nai morreu en circunstancias estrañas, ao igual que varios amigos do seu pai. ¿Que foi o que ocorreu? ¿Cal é o significado dos seus atroces pesadelos? ¿Quen é ese ser sen rostro que o aborda pola rúa e lle fala do seu pasado? Jeremy vai emprender unha investigación que rematará converténdose nunha dolorosa viaxe cara ao medo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 148
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 138 x 210
  • Data Publicación : 2016-03-08
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-835-4
  • Edición : 2

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

978849151630917 segundosKirmen Uribe

Carlos Vila

Vila Sexto, Carlos
Naceu na Coruña en 1977, aínda que a súa vida familiar está moi ligada á cidade de Ourense, onde transcurriu boa parte da súa infancia e adolescencia. Lector e escritor precoz, deuse a coñecer aos catorce anos cando publicou a súa primeira obra, Alén da aventura (1992), gañadora do certame de novela xuvenil "Rúa Nova". Un ano máis tarde deu ao prelo Gárgola, tamén na colección Costa Oeste, e outro exemplo do tipo de novela que a Carlos Vila Sexto lle gusta contar: historias ben construídas nas que o medo, o terror ou o suspense fan que o lector non poida deixar de ler. En 1995 publicou Cara a fin da luz, abrindo un período no que se volcou na escrita de guións para series audiovisuais e películas, ámbito no que centra o seu traballo profesional. Afincado en Madrid desde hai anos, Vila Sexto regresa á creación literaria cunha novela na que nos ofrece o mellor do seu estilo, ese que xa leva cativado a miles de lectores "As sete mortes".


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR