Estás aquí:

Galicia vista por un inglés

esgotado

ESGOTADO

Foi publicado por primeira vez en Londres, no ano 1922, baixo o título Spanish Galicia. Bell escribiu este sorprendente libro despois de pasar un verán viaxando por Galicia. O autor propúxose dar a coñecer e, ó tempo, reivindicar unhas terras e unhas xentes que seguían a ser víctimas dos tópicos negativos, do illamento e do olvido. Esta crónica viaxeira ocúpase fundamentalmente da descrición da Galicia dos anos vinte, das súas paisaxes, as súas cidades e os seus modos de vida, pero está tamén salferida de observacións da grande agudeza sobre aspectos da historia, a economía, a lingua, a relixión e a mentalidade galegas. O resultado é un libro que apunta ó pracer do lector tanto como á súa reflexión intelixente sobre os cambios e as permanencias e sobre problemas que aínda hoxe non deron achado as súas vías de solución.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 220
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 01/04/1994
Dimensións 150 x 234 mm.
Colección: Galicia no espello (Viaxes
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-892-4
Observacións: ESGOTADO

AUTORES/AS

Bell, Aubrey F. G.
Bell

Naceu no ano 1881 no condado de Cumberland (Inglaterra), o mesmo lugar no que morrería en 1950. Estudou en Oxford, onde se familiarizou coa cultura greco-latina e coas literaturas italiana e francesa. Foi precisamente vivindo no sur de Francia cando empezou a interesarse polas culturas ibéricas. Aprendeu vasco e iniciou as súa viaxes por España e Portugal en calidade de corresponsal do diario Morning Post. A súa identificación con estes dous paises levouno a residir neles durante amplos períodos de tempo e a afondar na súa historia e nas súas culturas. Entre a súa extensa bibliografía destacan os seus estudios e traducións ó inglés de Gil Vicente e Fray Luis de León, os seus ensaios sobre literatura portuguesa e castelá e traballos de divulgación como El Renacimiento español.

Peregrino e viaxeiro das terras de España, é un dos maiores expertos no coñecemento das terras extremeñas e de Frai Luís de León. Ten diferentes publicacións sobre ambos temas e diferente bibliografía de viaxes.
Da súa viaxe galega deixonounos Galicia vista por un inglés.

As súas obras

Galicia vista por un inglés
galicia vista ingles
esgotado

COLECCIÓN

Galicia no espello (Viaxes

Aventureiros e curiosos
aventureiros e curiosos
esgotado
Galicia vista por un inglés
galicia vista ingles
esgotado
Impresións de Iberia
impresions de iberia
3.00€ CON IVE
Un verán en Galicia
un veran galicia
3.00€ CON IVE
Viaxe por Galicia. De Ribadeo a Tui
viaxe ribadeo tui
22.60€ CON IVE
Viaxes por Galicia
viaxes por galicia
3.00€ CON IVE