Josep Pla relata unha personalísima crónica da Galicia de 1972.
Sendo a maior parte da súa obra de carácter autobiográfico e xornalístico, Josep Pla (1897-1981) está considerado como unha das figuras máis sorprendentes e valiosas da literatura catalana deste século. Extraordinariamente dotado para a observación das aparencias e do que pode haber detrás delas, Pla retrata o mundo cunha prosa que é, á vez, sinxela e luminosa. Esta Viaxe por Galicia forma parte dun libro máis amplo titulado Direcció Lisboa.
Comparte nas túas redes sociais ou por email
Detalles do libro
Páxinas: 138
Deseño: Cartoné
Data Publicación:
Dimensións 148 x 234 mm.
Colección: Galicia no espello (Viaxes
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-248-2
Observacións:
AUTORES/AS
Pla , Josep
Escritor español en língoa catalana, considerado por moitos coma un dos grandes prosistas españois do século. Naceu en Palafrugell (Girona), no seo dunha familia de propietarios rurais.